
Arquivo da categoría: Sin categoría
CONVOCATORIA DE ACCESO. ESCOLA DE TEATRO e COMPAÑÍA DE TEATRO. CURSO ACADÉMICO 2019 – 202O
Convocatoria de acceso para a ESCOLA de TEATRO e para a COMPAÑÍA de TEATRO.
As persoas interesadas deberán presentarse a unhas probas, as mesmas para a escola e a compañía, que terán lugar no mes de setembro na sala Roberto Vidal Bolaño (https://auladeteatrodausc.com/sala-roberto-vidal-bolano/) os días 16, 17 e 18 (desde ás 18,00h)
Por outra parte, o día 12 de setembro ás 19,00 h. haberá unha sesión informativa na sala Roberto Vidal Bolaño na que se explicará o programa deste próximo curso académico e que servirá para resolver calquera dúbida sobre o mesmo.
A información relativa ao programa de estudos da escola así como ás taxas e datas de matrícula será publicada o día 2 de setembro.

Xoves 20 e venres 21 de xuño, “A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour” na sala Roberto Vidal Bolaño
XX MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA
Á volta destas vacacións comeza a XX MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA, onde 10 traballos procedentes das tres universidades galegas serán presentados no Teatro Principal e na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.
Entre os días 22 de abril e 16 de maio, 7 compañías da USC, 2 da Universidade de Vigo e 1 da Universidade da Coruña amosarán as súas montaxes escénicas desde as 21,00h (os días 14 e 16 de maio haberá dobre función).
A entrada é de balde previo paso polo despacho de entradas, aberto desde as 18,00h no caso do Teatro Principal e desde as 20,30h na sala Roberto Vidal Bolaño.
Benvidos!

Recoñecementos para a Aula de Teatro e a compañía de teatro
Neste pasado mes de marzo tivemos a honra de recoller varios galardóns polo noso traballo.
Por una parte, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concedeunos, xunto coa Aula de Teatro do campus de Ourense (Universidade de Vigo), o premio de honra Marisa Soto, que foi recollido na gala dos Premios María Casares, celebrada o pasado día 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.
Por outra parte, tras a presentación da nosa “Muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour” no Festival Internacional da Beira Interior (Covilha – Portugal) o día 23 de marzo, recibimos o premio do Público e máis o do Xurado.
Moi agradecidos polo recoñecemento!
“A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour” en Vigo
A AULA DE TEATRO DA USC recibirá o Premio de Honra Marisa Soto na gala dos XXIII PREMIOS MARÍA CASARES. O galardón foille recoñecido ex aequo xunto coa Aula de Teatro Universitario de Ourense.
Queremos agradecer á AAAG a concesión deste premio que, desde logo, é compartido con todas as persoas que pasaron por este espazo de formación. Ao longo destes anos, un total de 1.686 estudantes pasaron polos programas de formación e a escola de teatro, 135 intérpretes formaron parte dos elencos das producións escénicas da Aula e 29 foron os asistentes de dirección. Moitas destas persoas, como indica a concesión do premio, forman parte hoxe do tecido profesional do teatro e do audiovisual deste país o que, como sinala a acta “achega unha idea do enorme labor de canteira desenvolvido pola Aula”.
Grazas a todos!
https://xornal.usc.es/xornal/acontece/2019_02/noticia_0093.html
ABERTA A CONVOCATORIA DE AXUDAS Á PRODUCIÓN ESCÉNICA 2019
Xa está aberto o prazo para presentar proxectos á convocatoria de axudas á produción escénica, que remata o próximo día 15 de marzo.
“A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour” – 19 de febreiro/2019
XXV Festival Internacional de Teatro Universitario
Un ano máis achégase a cita co FITU, que nesta ocasión terá lugar entre o 19 e o 22 de febreiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
As funcións terán lugar ás 21,00h e o despacho de entradas abrirá desde as 18,00h
