TEATRO PROFESIONAL EN RESIDENCIA

Desde o curso académico 2013/2014 abrimos un novo programa destinado a apoiar a produción teatral profesional que, ao tempo, beneficie o rendemento pedagóxico dos nosos alumnos de dirección e interpretación. Desta maneira, convidamos cada ano a unha compañía profesional a montar un ou varios espectáculos no noso espazo ao tempo que participan no III módulo de interpretación e dirección.

No curso académico 2013/2014 a compañía MATARILE creou no marco deste programa os seus traballos Staying Alive e Teatro Invisible (http://www.matarileteatro.net/#!staying-alive/c1ej3) (http://www.matarileteatro.net/#!teatro-invisible/ctrq)

No curso académico 2014/2015 as compañías participantes foron BOCABERTA e VOADORA. A primeira estreou  Express Arte, ao abeiro deste programa (http://culturagalega.gal/noticia.php?id=248379). A compañía VOADORA preparou Calypso (https://www.voadora.es/calypso)