
XXII MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA
Imaxe

Hai uns días a nosa compañía de teatro regresou do Festival Internacional de Teatro Joven (FESTUM) celebrado en Murcia cos premios ao mellor espectáculo e á mellor interpretación feminina (ex aequo para Antía Antía González Cortegoso e Marta Casais) e estamos felices.
Acudimos co noso último traballo, A casa da forza (2, 52-88), de Angélica Liddell, e compartimos programa coas Escolas Superiores de Arte Dramática de Murcia, Córdoba, Málaga, Sevilla e Valencia, coas Aulas de Teatro das universidades de Murcia e Ourense, co Dance Theater Nu-Shamyook University (Corea), o Liberal Theater (Xordania) e coa Janácek Academy of Performings Arts (Rep. Checa). Foron días de grande aprendizaxe para todos. Mil grazas ao xurado, á ESAD de Murcia, á Aula de Teatro da UMU e a todas as compañeiras e compañeiros con quen convivimos estes días!
Este xoves día 17 de marzo estaremos con A CASA DA FORZA, de A. Liddell, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño ás 21,30h (Campus Vida).
As entradas, de balde, poderán retirarse desde as 21,00h (aforo reducido)
Despois de presentar o noso último traballo no Festival Internacional de Teatro Universitario de Granada o pasado día 5 de novembro e no ciclo de Teatro Universitário da Beira Interior en Covilha (Portugal) o día 9 do mesmo mes, traemos a nosa Casa da forza (2, 52- 88) de Angélica Liddell á sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.
A función terá lugar ás 21,00h e as entradas poderán ser retiradas na mesma sala desde as 20,00h. O aforo é reducido.
(Fotos: Antonio Cárdenas)
A CASA DA FORZA (2, 52 – 88), de A. Liddell en TARTU
A compañía de teatro da nosa universidade foi seleccionada para participar no festival internacional de teatro A-Festival 2021, que se desenvolveu entre os pasados días 13 e 17 de outubro na cidade de Tartu (Estonia). O festival programou compañía profesionais procedentes de Austria, Bieolurrusia, Ucraína, Polonia e de escolas de teatro de Italia e Estonia. A nosa compañía (que sempre actúa en lingua galega nos certames internacionais) presentou o seu último traballo, A casa da forza (2, 52-88), de Angélica Liddell e tivo unha excelente acollida.
O próximo xoves día 23 de setembro, ás 19,00h, haberá un encontro na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño para presentar o Laboratorio de Escrita Dramática, onde poderás resolver todas as dúbidas que teñas sobre este novo espazo.
(INTERPRETACIÓN / DIRECCIÓN / CURSO DE INICIACIÓN AO TEATRO)
1º INTERPRETACIÓN
Barreiro Mira Breixo |
Bravo Rodríguez Marco |
Domínguez Álvarez Bárbara Mª |
Ferreiro Muriano Laura |
Ocaña Abadín Estrela |
Otero Pillado Nerea |
Pena Blanco Mariña |
Portos Rey Aira |
Rodríguez Martínez Susana |
Souto Fraga Mónica |
1º DIRECCIÓN
López Freire Mario |
López Pérez Nuria |
Martínez Castro Lucía |
Ponce de León Martínez Miguel |
Torrón Núñez Ximena |
CURSO DE INICIACIÓN AO TEATRO
Pérez Martínez Noelia |
Ribeiro Silva Christian Kevin |
Peláez Capdevila Emilio Daniel |
Gómez Vázquez Elena |
Valiñas Baños Gonzalo |
Alario Pastoriza Emilia |
Neira García Belén |
Ramírez de Arellano Luengo Marina |
Fraga Gonçalves Mª Nazareth |
O obxectivo deste espazo é reflexionar e traballar sobre os diversos procedementos para construír un texto dramático, atendendo principalmente á elaboración literaria do mesmo pero observando a necesidade de coñecer os mecanismos de funcionamento do exercicio escénico, o que acaba traducindo aquel texto literario nun texto teatral.
O próximo xoves día 23 de setembro, ás 19,00h, haberá un encontro na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño para presentar o Laboratorio de Escrita Dramática, onde poderás resolver todas as dúbidas que teñas sobre este novo espazo.
CALENDARIO e HORARIOS
Outubro e novembro: todos os luns desde o 4 de outubro ao 29 de novembro / 16,00h a 17,50h
Decembro: días 15 e 16 / 18,00h a 21,00h
Febreiro e marzo: todos os luns do 7 de febreiro ao 28 de marzo / 16,00h a 18,00h
Mes de abril: lectura de textos finais
Imparte: Roberto Salgueiro
(Ao longo do obradoiro compartirán a súa experiencia con nós diversos autores dramáticos)
(1º prazo: 100 / 2º prazo: 80)*
Desde o día 27 de setembro, na Área de Cultura da USC. Para formalizar a matrícula debes dirixirte ao enderezo electrónico: area.cultura@usc.gal
*1º prazo antes do día 4 de outubro de 2021 / 2º prazo antes do día 24 de xaneiro de 2022
( En calquera caso, os espazos de formación estarán suxeitos a cambios de ubicación segundo estableza en cada momento a “Guía de actuación fronte á COVID-19 da USC”. )
xoves 9 de setembro: ás 19,00 horas presentación do programa na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, onde poderás resolver todas as túas dúbidas e coñecer de primeira man a actividade da escola e da compañía de teatro.
luns 13, martes 14 e mércores 15 (setembro): probas de acceso para a escola e á compañía de teatro. Desde as 18,00 horas, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.
martes 21 de setembro: inicio de matrícula na escola de teatro.
luns 27 de setembro: inicio das aulas na escola de teatro.
Volvemos.
Os próximos martes 18 e mércores 19 de maio presentaremos A CASA DA FORZA (2, 52-88), de Angélica Liddell, no Salón Teatro. As funcións terán lugar ás 20,00h e o despacho de entradas estará aberto desde as 18,00h (entrada de balde/máximo 2 por persoa).