USCénica

Nos anos 2020, 2021 e 2022 programouse o festival de artes escénicas USCénica en diversos espazos de Santiago de Compostela: terraza do Auditorio da Universidade, sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, Igrexa da Universidade, Teatro Principal e Salón Teatro.

Este encontro estaba dirixido a traballos escénicos de carácter máis performativo, postdramático, danza, poesía, accións… pezas que dificilmente podían ter cabida nos circuítos habituais de programación. Realizáronse, tamén, traballos baixo encarga do propio festival e residencias artísticas.

As alumnas e alumnos da escola de teatro e da compañía de teatro da USC participaron na asistencia e produción do festival.

Podes consultar o histórico no seguinte enlace: https://uscenicacom.wordpress.com