Estreada o día 21 de decembro de 2010, no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz.
Adaptación libre do texto de Agustín Gómez “Los gatos”.
Érase unha vez, no ano 1959, nunha vila galega dúas irmás agardaban a chegada da súa sobriña Marina. Así empeza este conto, que non é de princesas nin de perdices, máis ben de mulleres e de gatos.
Historia de Pura e Angelita é un conto sobre un país asfixiado pola intolerancia, un pequeno divertimento grotesco que trata de reflexionar sobre unha realidade que, malia a distancia no tempo, se cadra non está tan afastada e aínda se acocha detrás dos mobles, no escuro dos armarios ou na humidade dos faiados das nosas casas.
Reparto
(por orde de intervención)
PURA Carla Capéans
ANGELITA Bea Méndez
AURORA María Munín
LOLIÑA Cristina Amboage
ROSA Ana Conde
MARINA Inma Vila
FERNANDO Roi Méndez
Ficha artística
Deseño de espazo escénico, figurinos e iluminación Roberto Salgueiro
Realización vestiario Clotilde Vaello
Maquillaxe e peiteados Bea Méndez
Imaxe do cartel Elena Tinickaya
Asistencia técnica Raúl Giraldo (RTA)
Asistencia de produción e dirección Roi Méndez
Adaptación literaria e dirección Roberto Salgueiro