Hai algunhas veces en que a palabra é poesía. Hai certas ocasións en que a palabra se volve materia. Mais pode haber aínda outras, as menos, en que todas as liñas de forza dun espectáculo teatral conseguen que a palabra se volva poesía e, ao tempo, que a poesía cobre corpo. Apnea […] é “libreto coreográfico” en que todas as liñas de forza da representación abeiran o lírico, xogan co sublime para logo incidiren con máis forza –e crueldade- na mensaxe […] entretecendo, a modo de mallas, unha obra chea de emocións éticas e estéticas.
Iolanda Ogando. Tempos, 76, xuño 2003