CONVOCATORIA DA ACTIVIDADE TEATRAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2020 – 2021

O día 14 de setembro farase pública a programación e as datas de convocatoria da actividade que imos desenvolver o próximo curso académico.

Adiantamos algunha información:

  • xoves 1 de outubro: ás 19,00 horas presentación do programa na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, onde poderás resolver todas as túas dúbidas e coñecer de primeira man a actividade da escola e da compañía de teatro.
  • luns 5, martes 6 e mércores 7 (outubro): probas de acceso para a escola e á compañía de teatro. Desde as 18,00 horas, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.
  • martes 13 de outubro: inicio de matrícula na escola de teatro.
  • martes 20 de outubro: inicio das aulas na escola de teatro.

Por outra parte, o próximo curso académico poñerase en marcha un Laboratorio de Escrita Dramática (LED), que desenvolverá a súa actividade entre outubro 2020 e abril 2021.

A escola de teatro retoma as súas aulas de Dirección

Despois de falar cos alumnos de Dirección da nosa escola de teatro decidimos retomar -vía internet- as aulas que viñamos impartindo no presente curso académico, ás que se suman os compañeiros de Interpretación.

Desde aquí queremos enviar un abrazo de ánimo a todos os colectivos universitarios que estaban traballando nos seus proxectos escénicos e que a presente situación sanitaria impuxo un parón, abrazo que facemos extensivo ás compañeiras e compañeiros da ESAD de Galicia que verán, tamén, detido o seu proceso de traballo.

Ánimo e quedade na casa!

O XXVI FITU terá lugar entre o 10 e o 14 de febreiro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela

O Festival Internacional de Teatro Universitario chega á súa XXVI edición. Entre os días 10 e 14 de febreiro compañías procedentes de Portugal, Lituania e España, ademáis da nosa compañía de teatro, presentarán os seus traballos no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

As funcións terán lugar ás 21,00h e a entrada será de balde, previo paso pola billeteira, aberta desde as 19,00h

83132618_112552966866237_6943834108896215040_n

Relación de persoas admitidas na ESCOLA DE TEATRO e na COMPAÑÍA DE TEATRO (2019 – 2020)

ESCOLA DE TEATRO

 

INTERPRETACIÓN 1

ANEIROS MORADO, ANTÍA
CORREDOIRA IGLESIAS, EVA
CREO MARIÑO, ALDÁN
FERNÁNDEZ GARCÍA, XABIER
MONTES LAMARTÍN, CLAUDIA
OTERO CALVO, CRISTINA
OUTEIRAL SANTISO, ANDREA
PAZ ANEIROS, IAN
PEREIRA DE LABRA, SARA
PÉREZ CASTRO, SABELA
PIÑEIRO DEVESA, ANTÍA
REY CAAMAÑO, IRENE
ROCHA FERNÁNDEZ, BÁRBARA
RODRÍGUEZ VILA, DIEGO

 

DIRECCIÓN 1

FERNÁNDEZ GARCÍA, MANUEL
GONZÁLEZ MOSQUERA YORWIN ORLANDO
GONZÁLEZ SÁNCHEZ, JAVIER
MARTÍNEZ VILA, BREOGÁN

 

COMPAÑÍA DE TEATRO

CASAIS VIDAL, MARTA
FERNÁNDEZ, INMACULADA
GONZÁLEZ CORTEGOSO, ANTÍA
PENELA VIQUEIRA, IRENE

 

NOTA.- Entre o 23 e o 27 de setembro convocarase un Taller de Arte Dramática onde se impartirán as áreas de Interpretación e Voz cantada, dirixido ás persoas que se presentaron ás probas e que non conseguiron acceder á escola e á compañía de teatro.