CONDICIÓNS DE ACCESO (2026 – 2027)
Para acceder á escola de teatro é necesario presentarse a unhas probas que se realizarán os días 21, 22 e 23 de setembro, a partir das 18,00 horas, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.
MATRÍCULA 2025-2026
Prazas
DIRECCIÓN 1º (6 prazas)
DIRECCIÓN 2º
INTERPRETACIÓN 1º (12 prazas)
INTERPRETACIÓN 2º
(De ser necesario dobraranse os grupos de traballo)
Prezos comunidade universitaria.
CURSO COMPLETO: 200 euros (1º prazo: 110 / 2º prazo: 90)*
Taxa xeral
CURSO COMPLETO: 340 euros (1º prazo: 190 / 2º prazo: 150)*
Datas de matrícula
Desde o día 28 de setembro, na Área de Cultura da USC. Para formalizar a matrícula debes dirixirte ao teléfono 881 81 10 18 ou ao enderezo electrónico: “area.cultura@usc.gal”.
*1º prazo antes das 14,00h do 2 de outubro de 2026 / 2º prazo antes do día 25 de xaneiro de 2027
Recoñecemento académico
Cada itinerario completo (Interpretación/Dirección) ten asignados un total de 6 créditos ECTS
Espazos de formación
Todos os cursos desenvolveranse na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Sur), coa excepción do Módulo I de Interpretación 1, que se impartirá na sala Luísa Cuesta (Residencia Universitaria “Burgo das Nacións”)