INTERPRETACIÓN 2º. PROGRAMA

Durante este segundo ano o traballo vai dirixido a consolidar a autonomía escénica do alumno, desde o punto de vista interpretativo e dramatúrxico.

O obxectivo principal é a toma de conciencia do corpo como ferramenta primeira, materia da que parte o son e que xera unha partitura no seu movemento escénico. Ritmo, melodía e escoita convértense en conceptos centrais do noso traballo.

Ao longo deste curso participan tamén diversos profesionais para tratar aspectos fundamentais da voz e da dramaturxia e desenvólvense actividades paralelas.

 

Módulo I (2019)

Datas e horarios a convir. Traballo personalizado.

Módulo II (2020)

Todos os luns e martes, do 3 de febreiro ao 31 de marzo, de 19,00 a 21,30

Módulo III (2020)

Prácticas

Entre o 13 e o 26 de abril, en horario a convir.

Presentación de proxecto: entre o 27 e o 30 de abril