Fondos de préstamo
A Aula de Teatro conta cun fondo de vestiario, atrezo e escenografía a disposición das compañías teatrais universitarias, preferentemente, e tamén aberto ás necesidades do teatro profesional e afeccionado.
Os fondos están localizados na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e para acceder a eles deberá presentarse unha petición detallada dos elementos que se solicitan onde figuren, ademais, os datos completos da persoa, compañía ou institución peticionaria.
Podes consultar no seguinte enlace os nosos fondos (estamos en fase de catalogación, polo que non atoparás a totalidade):