CURSO DE INICIACIÓN AO TEATRO

O curso terá lugar todos os mércores lectivos desde o 7 de outubro (2026) ata o 28 de abril (2027), de 19,30h a 21,30h, na sala Luísa Cuesta, ubicada no baixo da cafetería da residencia universitaria “Burgo das Nacións”.

Durante o curso terás unha toma de contacto coas principais ferramentas de traballo dun intérprete: a importancia do corpo, o coidado da voz, cuestións principais de ritmo, escoita en escena…

Para acceder a este curso debes presentarte ás probas de acceso que se realizan a comezos de curso académico (días 21, 22 e 23 de setembro de 2026, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, desde as 18,00h) co fin de coñecer os teus intereses. Non tes que ter ningunha experiencia.

O obxectivo deste curso de iniciación ao teatro é acoller a todas as persoas interesadas da comunidade universitaria en iniciarse na arte dramática e que non queden fóra de ningunha das outras convocatorias que existen no noso programa (escola de teatro / compañía de teatro)

ATENCIÓN: O número de prazas ofertadas para este curso son 12. No caso de haber máis persoas interesadas crearase un segundo grupo para traballar os xoves en horario de 19,30h a 21,30h (desde o 8 de outubro de 2025 ao 29 de abril de 2027).

No período de exames do mes de xaneiro non haberá docencia.

Imparte: Helena Salgueiro

Prezos comunidade universitaria.

110 euros (1º prazo: 60 / 2º prazo: 50)*

Taxa xeral

250 euros (1º prazo: 150 / 2º prazo: 100)*

Datas de matrícula

Desde o día 28 de setembro, na Área de Cultura da USC. Para formalizar a matrícula debes dirixirte ao teléfono 881 81 10 18 ou ao enderezo electrónico: “area.cultura@usc.gal”.

*1º prazo antes do día 5 de outubro de 2026 / 2º prazo antes do día 20 de xaneiro de 2027

UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.