FUNCIONAMENTO

A compañía de teatro da USC vén traballando desde o ano 1990. Como o resto da actividade da Aula de Teatro o seu traballo ten unha vertente principalmente pedagóxica.

Para acceder á compañía é preciso, como acontece coa escola de teatro, presentarse a unhas probas que se convocan na primeira quincena do mes de setembro. Nestas probas non só se avalían capacidades escénicas senón tamén o interese e obxectivos da persoa que se presenta, polo que nas probas, ademáis de levar adiante unha serie de exercicios é importante a entrevista que se realiza.

A compañía divide o seu traballo en dous períodos: montaxe (outubro/decembro) e xira (febreiro/abril).

Os ensaios teñen lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.

CURSO ACADÉMICO 2022 – 2023: as probas de acceso terán lugar os días 19, 20 e 21 de setembro na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida) a partir das 18,00 horas.

O traballo (interpretación e dirección) na compañía ten o seguinte recoñecemento académico:

https://www.usc.es/gl/centros/cep/posgrao/curso.html?tcurso=3&idc=658&anoAc=2021-2022

https://www.usc.es/gl/centros/cep/posgrao/curso.html?tcurso=3&idc=659&anoAc=2021-2022

O pase de diapositivas require JavaScript.

Fotografías de RULOS, Patricia Coucheiro, Miguel Gendre e SG.