VALORACIÓN DO ALUMNADO

Ao finalizar o curso académico realízase unha avaliación en común cos grupos de traballo e tamén outra persoal, onde se comentan e contrastan diferentes aspectos do desenvolvemento do programa.

Por outra parte, desde o curso académico 2017 – 2018 entrégase ao alumnado unha enquisa para que avalíe, cunha puntuación entre o 1 e o 4, diferentes ítems respecto á organización e docencia do programa.

 

MODELO DE ENQUISA

 


ESCOLA DE TEATRO DA USC

Coa finalidade de intentar mellorar aspectos relacionados coa programación da Escola de Teatro da USC rogámosche que respondas o seguinte cuestionario. Valora de 1 a 4 os seguintes ítems:

( 1-Mal              2- Normal                3-Ben               4-Moi ben )

 

  • Aspectos xerais:          

 

1.1. Organización e coordinación da actividade 1 2 3 4
1.2. Horario do curso 1 2 3 4
1.3. Prezo da matrícula 1 2 3 4
1.4. Estado das instalacións 1 2 3 4
1.5. Acceso ás instalacións 1 2 3 4

 

  • Docencia:    

 

2.1. Correspondencia entre as expectativas e os resultados acadados 1 2 3 4
2.2. Interese dos contidos traballados 1 2 3 4
2.3. Aportación á túa formación 1 2 3 4
2.4. Contacto co profesorado 1 2 3 4
2.5. Outros (especificar) 1 2 3 4  

 

  • Observacións e propostas :

 

3.1. Resalta os aspectos máis interesantes

3.2. Que eliminarías da actividade

3.3. Que engadirías

3.4. Outras