LABORATORIO DE ESCRITA DRAMÁTICA

LABORATORIO DE ESCRITA DRAMÁTICA

O obxectivo deste espazo é reflexionar e traballar sobre os diversos procedementos para construír un texto dramático, atendendo principalmente á elaboración literaria do mesmo pero observando a necesidade de coñecer os mecanismos de funcionamento do exercicio escénico, o que acaba traducindo aquel texto literario nun texto teatral.

O próximo xoves día 23 de setembro, ás 19,00h, haberá un encontro na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño para presentar o Laboratorio de Escrita Dramática, onde poderás resolver todas as dúbidas que teñas sobre este novo espazo.

CALENDARIO e HORARIOS

Outubro e novembro: todos os luns desde o 4 de outubro ao 29 de novembro / 16,00h a 17,50h

Decembro: días 15 e 16 / 18,00h a 21,00h

Febreiro e marzo: todos os luns do 7 de febreiro ao 28 de marzo / 16,00h a 18,00h

Mes de abril: lectura de textos finais

Imparte: Roberto Salgueiro

(Ao longo do obradoiro compartirán a súa experiencia con nós diversos autores dramáticos)

MATRÍCULA 2021-2022

Prazas: 6

Prezos comunidade universitaria100 euros

(1º prazo: 70 / 2º prazo: 30)*

Taxa xeral180 euros

(1º prazo: 100 / 2º prazo: 80)*

Datas de matrícula

Desde o día 27 de setembro, na Área de Cultura da USC. Para formalizar a matrícula debes dirixirte ao enderezo electrónico: area.cultura@usc.gal

*1º prazo antes do día 4 de outubro de 2021 / 2º prazo antes do día 24 de xaneiro de 2022

Espazo de formación: sala de teatro Roberto Vidal Bolaño

( En calquera caso, os espazos de formación estarán suxeitos a cambios de ubicación segundo estableza en cada momento a “Guía de actuación fronte á COVID-19 da USC”. )