Este próximo mércores día 13 estaremos co último traballo da nosa compañía na XXI MITEU VIGO.
A función terá lugar ás 18,30 no auditorio do CUVI e a entrada é de balde ata completar aforo.
Queremos agradecer á AAAG a concesión deste premio que, desde logo, é compartido con todas as persoas que pasaron por este espazo de formación. Ao longo destes anos, un total de 1.686 estudantes pasaron polos programas de formación e a escola de teatro, 135 intérpretes formaron parte dos elencos das producións escénicas da Aula e 29 foron os asistentes de dirección. Moitas destas persoas, como indica a concesión do premio, forman parte hoxe do tecido profesional do teatro e do audiovisual deste país o que, como sinala a acta “achega unha idea do enorme labor de canteira desenvolvido pola Aula”.
Grazas a todos!
https://xornal.usc.es/xornal/acontece/2019_02/noticia_0093.html
Xa está aberto o prazo para presentar proxectos á convocatoria de axudas á produción escénica, que remata o próximo día 15 de marzo.
Un ano máis achégase a cita co FITU, que nesta ocasión terá lugar entre o 19 e o 22 de febreiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
As funcións terán lugar ás 21,00h e o despacho de entradas abrirá desde as 18,00h

Este xoves día 13 de decembro os alumnos de 1º de interpretación da escola presentarán o seu exercicio de final de trimestre, ás 21,00 horas na sala Roberto Vidal Bolaño.
A entrada é de balde ata completar aforo.
Xa temos data para a estrea do novo traballo da nosa compañía.
O próximo luns día 3 de decembro, ás 21,00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Convocatoria de acceso para a ESCOLA de TEATRO e para a COMPAÑÍA de TEATRO.
As persoas interesadas deberán presentarse a unhas probas, as mesmas para a escola e a compañía, que terán lugar este mes de setembro na sala Roberto Vidal Bolaño (https://auladeteatrodausc.com/sala-roberto-vidal-bolano/) os días 17 e 18 (desde ás 18,00h) e o día 19 (desde as 19,30h),
Por outra parte, o día 13 de setembro haberá unha sesión informativa na sala Roberto Vidal Bolaño na que se explicará o programa deste curso académico e que servirá para resolver calquera dúbida sobre o mesmo.
O programa de estudos da escola así como taxas e datas de matrícula xa o podes consultar na nosa web.
