
XXVII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO
Imaxe




Este próximo xoves día 23 de febreiro faremos un pase aberto a público da nosa última peza, OBSERVACIÓNS SOBRE A FELICIDADE (COMPOSICIÓN e MANEXO). Terá lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida), ás 21,30 horas.
O aforo é reducido. Podes vir retirar a túa entrada desde as 21,00 horas.
O próximo xoves 15 de decembro, ás 21,00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela, estreamos a nova peza da Aula de Teatro da USC, “Observacións sobre a felicidade (composición e manexo”). A entrada é de balde (poden retirarse un máximo de 2 entradas por persoa).
Vémonos no teatro!

CURSO DE INICIACIÓN AO TEATRO
Claudia Pérez Portomeñe
Lara Vázquez González
Mª Salomé García Amboage
Clara González López
Marcos Loma Barcia
Moisés Pardo Fernández
Cruz Fernández González
Xoan Francisco Pérez Argibay
Alejandro Valcárcel Moura
1º DE INTERPRETACIÓN
Gabriela Sofía Romero Ramos
Paula Tubío Tubío
Goya Fajar Coímbra
Alba Pesqueira Miñán
Mirela Cortes Dornelles
Sofía Gestido Lorenzo
Lucía Parcero Arnat
Uxía Sobrado Lago
Ana Martínez Garate
Ruth Jonas Vaqueiro
1º DE DIRECCIÓN
Elena Vázquez Ortuño
Irene Tobío García
Marcos Velázquez Pérez
Anna Sánchez Martínez
Datas de presentación da actividade teatral para o curso académico 2022 – 2023 e convocatoria de matrícula para a Escola de Teatro.
Mércores 14 de setembro ás 19,00 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida):
Encontro aberto con todas as persoas interesadas na actividade teatral para presentar o programa do presente curso académico e resolver calquera dúbida relativa á compañía de teatro da USC, da Escola de Teatro, do programa de apoio á creación de compañías de teatro independentes, etc.
Faremos tamén unha visita guiada ao edificio da sala de teatro
Luns 19, martes 20 e mércores 21 de setembro desde ás 18,00 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida):
Probas de acceso á Escola de Teatro e á compañía de teatro da USC
Luns 26 de setembro: inicio de matrícula na Escola de Teatro
Luns 3 de outubro: inicio das aulas na Escola de Teatro







AVANCE DE PROGRAMA
USCénica 2022
20 xuño – 9 de xullo
( festival de artes escénicas )
Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño
Terraza do Auditorio da Universidade
Teatro Principal
Salón Teatro
Paraíso Teatro: OS DIARIOS DE EVA E ADÁN (boleros no paraíso)
Laboratorio Escénico Coop: BLUES DE MEDIANOITE
Avelina Pérez: A QUE NON PODES DICIR COCACOLA? (II)
Helena Salgueiro: COME AND GO
Presentación Taller de Arte de acción PAN CHOCOLATE PAN
Cia. Artellar (Asoc. Ámbar): AS PAISAXES DE CAMILLE
Vacaburra: FESTINA LENTE
Aula de Teatro da USC: A CASA DA FORZA
Inversa Teatro: O PÉNDULO
Diego Anido: O DEUS DO POP
Estíbaliz Espinosa: CANTA, URANIA
Funboa Escénica: ROLAND MON AMOUR (work in progress)
Límites (Corpo Colectivo Transfronteirizo): FLORES PARA UN TOURO DE LIDA
Cía. Elahood: NÓ
Bárbara Domínguez: AGAMENÓN, VOLVÍN DO SUPERMERCADO E DEILLE UNHA MALLEIRA A MEU FILLO (work in progress)
***
Música na terraza
Rafa Fernández e Virxilio da Silva Dúo
Le BarLuthier
The Swinging Flamingos

FORMACIÓN
INTRODUCIÓN A COMPOSICIÓN MUSICAL EN ESCENA: COMO ABORDAR OS RECURSOS COMPOSITIVOS (Pablo Sanmamed)
INTRODUCIÓN AO ESPAZO ESCÉNICO SONORO (Ramón Campos)
INTERPRETACIÓN: COMO SAÍR DA ZONA DE CONFORT ACTORAL SEN TRAUMAS E CON FERRAMENTAS PARA A CREACIÓN (Rebeca Montero)
OBRADOIRO DE WAACKING (Julia Laport e Sabela Domínguez – Elahood)
TALLER DE ARTE DE ACCIÓN: PAN, CHOCOLATE, PAN (María Roja, Míriam Rodríguez, Chucho González – LÍMITES Corpo Colectivo Transfronteirizo)
DIRECCIÓN ESCÉNICA: A CONSTRUCIÓN DUNHA ESTRUTURA TEATRAL (Roberto Salgueiro)

Hai uns días a nosa compañía de teatro regresou do Festival Internacional de Teatro Joven (FESTUM) celebrado en Murcia cos premios ao mellor espectáculo e á mellor interpretación feminina (ex aequo para Antía Antía González Cortegoso e Marta Casais) e estamos felices.
Acudimos co noso último traballo, A casa da forza (2, 52-88), de Angélica Liddell, e compartimos programa coas Escolas Superiores de Arte Dramática de Murcia, Córdoba, Málaga, Sevilla e Valencia, coas Aulas de Teatro das universidades de Murcia e Ourense, co Dance Theater Nu-Shamyook University (Corea), o Liberal Theater (Xordania) e coa Janácek Academy of Performings Arts (Rep. Checa). Foron días de grande aprendizaxe para todos. Mil grazas ao xurado, á ESAD de Murcia, á Aula de Teatro da UMU e a todas as compañeiras e compañeiros con quen convivimos estes días!



Este xoves día 17 de marzo estaremos con A CASA DA FORZA, de A. Liddell, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño ás 21,30h (Campus Vida).
As entradas, de balde, poderán retirarse desde as 21,00h (aforo reducido)



