Datas de presentación da actividade teatral para o curso académico 2022 – 2023 e convocatoria de matrícula para a Escola de Teatro.
Mércores 14 de setembro ás 19,00 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida):
Encontro aberto con todas as persoas interesadas na actividade teatral para presentar o programa do presente curso académico e resolver calquera dúbida relativa á compañía de teatro da USC, da Escola de Teatro, do programa de apoio á creación de compañías de teatro independentes, etc.
Faremos tamén unha visita guiada ao edificio da sala de teatro
Luns 19, martes 20 e mércores 21 de setembro desde ás 18,00 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida):
Probas de acceso á Escola de Teatro e á compañía de teatro da USC
Luns 26 de setembro: inicio de matrícula na Escola de Teatro
Luns 3 de outubro: inicio das aulas na Escola de Teatro





