Recoñecementos para a Aula de Teatro e a compañía de teatro

Neste pasado mes de marzo tivemos a honra de recoller varios galardóns polo noso traballo.

Por una parte, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concedeunos, xunto coa Aula de Teatro do campus de Ourense (Universidade de Vigo), o premio de honra Marisa Soto, que foi recollido na gala dos Premios María Casares, celebrada o pasado día 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.

Por outra parte, tras a presentación da nosa “Muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour” no Festival Internacional da Beira Interior (Covilha – Portugal) o día 23 de marzo, recibimos o premio do Público e máis o do Xurado.

Moi agradecidos polo recoñecemento!

A AULA DE TEATRO DA USC recibirá o Premio de Honra Marisa Soto na gala dos XXIII PREMIOS MARÍA CASARES. O galardón foille recoñecido ex aequo xunto coa Aula de Teatro Universitario de Ourense.

Queremos agradecer á AAAG a concesión deste premio que, desde logo, é compartido con todas as persoas que pasaron por este espazo de formación. Ao longo destes anos, un total de 1.686 estudantes pasaron polos programas de formación e a escola de teatro, 135 intérpretes formaron parte dos elencos das producións escénicas da Aula e 29 foron os asistentes de dirección. Moitas destas persoas, como indica a concesión do premio, forman parte hoxe do tecido profesional do teatro e do audiovisual deste país o que, como sinala a acta “achega unha idea do enorme labor de canteira desenvolvido pola Aula”.

Grazas a todos!

https://xornal.usc.es/xornal/acontece/2019_02/noticia_0093.html

 

Relación de admitidos na ESCOLA DE TEATRO e na COMPAÑÍA DE TEATRO

ESCOLA DE TEATRO

 

ADMITIDOS EN INTERPRETACIÓN 1

 

ÁLVAREZ VÁZQUEZ, ANTÍA
CAMBRONERO GONZÁLEZ, CÉSAR
COMBA NÚÑEZ, SORAYA
FERNÁNDEZ MÉNDEZ, NOA
FRAGA CUÑA, IRENE
LÓPEZ BAUTISTA, SOFÍA
MONDRAGÓN RIVADULLA, MARTÍN
PÉREZ GONZÁLEZ, MAR
PÉREZ LOIS, RAQUEL
RODRÍGUEZ PAGÁN, LÚA
SANTOS LÓPEZ, SILVIA
VARELA MENESES, FLORENCIA
VIDAL BLANCO, CANDELA

 

ADMITIDOS EN DIRECCIÓN 1

 

COMBA NÚÑEZ, SORAYA
FEIJOO GÓMEZ, NATALIA
RODRÍGUEZ VILA, DIEGO
SANTOMÉ REGUEIRA, MIGUEL

 

COMPAÑÍA DE TEATRO

 

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, INMACULADA
FOLE GARZA, XIANA
GONZÁLEZ CORTEGOSO, ANTÍA
POUSO MARTÍNEZ, LARA
VOYER, VÉRONIQUE