Xira de IRMÁS, de Pascal Rambert

Entre febreiro e maio deste ano puidemos presentar a nosa peza, Irmás, de Pascal Rambert, en diferentes festivais e cidades: Liexa (Bélxica), Covilha (Portugal), Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Ourense e Vigo. Estivemos residindo tamén na nosa sala de teatro, onde ofrecemos un total de 8 funcións, despois das que puidemos ter un intercambio cos espectadores asistentes.

Recentemente fomos seleccionados para participar no Congreso Mundial de Teatro Universitario, que terá lugar en Vilnius (Lituania) entre os días 7 e 13 de xullo.

Un traballo intenso, duro e moi gratificante.