A CASA DA FORZA (2, 52 – 88), de A. Liddell

Despois de presentar o noso último traballo no Festival Internacional de Teatro Universitario de Granada o pasado día 5 de novembro e no ciclo de Teatro Universitário da Beira Interior en Covilha (Portugal) o día 9 do mesmo mes, traemos a nosa Casa da forza (2, 52- 88) de Angélica Liddell á sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.

A función terá lugar ás 21,00h e as entradas poderán ser retiradas na mesma sala desde as 20,00h. O aforo é reducido.

(Fotos: Antonio Cárdenas)