Este venres 11 de decembro volvemos con “En inverno non vai tempo para ir a praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic”, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, ás 20:00h.
Para reservar as entradas podes facelo de dúas maneiras:
1. Dirixirte ao correo electrónico “area.cultura@usc.es” indicando o teu nome e apelidos e un teléfono de contacto. Recibida a confirmación, deberás retirar o billete de entrada ás 19,30 h na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño o día da función. As entradas non retiradas á esa hora pasarán a disposición das persoas que acudisen á sala na procura de entrada.
2. Podes acudir o día da función entre 19,35h e 19,50h á sala a solicitar unha entrada das que non fosen retiradas ás 19,30h (de darse o caso).


