FUNCIÓNS 19, 20, 26, 27 DE NOVEMBRO DE “En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic”

Estes próximos días 19, 20, 26 e 27 de novembro (xoves e venres) presentaremos na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño o traballo que retomamos este curso académico, “En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic”. As funcións terán lugar ás 20,00 horas.

Para reservar as entradas (máximo 2 por persoa) podes facelo de dúas maneiras:

  1. Dirixirte ao correo electrónico “area.cultura@usc.es” indicando o día que queres ir, o teu nome e apelidos e un teléfono de contacto. Despois, debes retirar o billete de entrada ás 19,30 h na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño. As entradas non retiradas á esa hora pasarán a disposición das persoas que acudisen á sala a retirar o seu billete de entrada.
  2. Podes acudir entre 19,35h e 19,50h á sala a solicitar unha entrada das que non fosen retiradas ás 19,30h. (de darse o caso). Só poderás retirar entrada para ese día e deberás, igualmente, aportar o teu nome, apelidos e teléfono de contacto.

(Fotos: Alberte Peitavel)