MODIFICACIÓN DAS DATAS DE CONVOCATORIA DA ACTIVIDADE TEATRAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2020 – 2021.

Publicamos a continuación o calendario de inicio da nosa actividade. Tamén podes consultar xa nesta web o programa docente da escola de teatro para este curso académico, así como as datas e condicións de matrícula.

xoves 24 de setembro: ás 19,00 horas presentación do programa na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, onde poderás resolver todas as túas dúbidas e coñecer de primeira man a actividade da escola e da compañía de teatro.

luns 28, martes 29 e mércores 30 (setembro): probas de acceso para a escola e á compañía de teatro. Desde as 18,00 horas, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.

luns 5 de outubro: inicio de matrícula na escola de teatro.

martes 13 de outubro: inicio das aulas na escola de teatro.