A escola de teatro retoma as súas aulas de Dirección

Despois de falar cos alumnos de Dirección da nosa escola de teatro decidimos retomar -vía internet- as aulas que viñamos impartindo no presente curso académico, ás que se suman os compañeiros de Interpretación.

Desde aquí queremos enviar un abrazo de ánimo a todos os colectivos universitarios que estaban traballando nos seus proxectos escénicos e que a presente situación sanitaria impuxo un parón, abrazo que facemos extensivo ás compañeiras e compañeiros da ESAD de Galicia que verán, tamén, detido o seu proceso de traballo.

Ánimo e quedade na casa!