As imaxes corresponden á estrea do pasado día 3 decembro de 2018 no Teatro Prinicipal de Santiago de Compostela. As fotos son de Diego López Curros.
Este xoves día 13 de decembro os alumnos de 1º de interpretación da escola presentarán o seu exercicio de final de trimestre, ás 21,00 horas na sala Roberto Vidal Bolaño.
A entrada é de balde ata completar aforo.
Xa temos data para a estrea do novo traballo da nosa compañía.
O próximo luns día 3 de decembro, ás 21,00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Convocatoria de acceso para a ESCOLA de TEATRO e para a COMPAÑÍA de TEATRO.
As persoas interesadas deberán presentarse a unhas probas, as mesmas para a escola e a compañía, que terán lugar este mes de setembro na sala Roberto Vidal Bolaño (https://auladeteatrodausc.com/sala-roberto-vidal-bolano/) os días 17 e 18 (desde ás 18,00h) e o día 19 (desde as 19,30h),
Por outra parte, o día 13 de setembro haberá unha sesión informativa na sala Roberto Vidal Bolaño na que se explicará o programa deste curso académico e que servirá para resolver calquera dúbida sobre o mesmo.
O programa de estudos da escola así como taxas e datas de matrícula xa o podes consultar na nosa web.
