Xoves 18 de setembro
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DA AULA DE TEATRO PARA O CURSO ACADÉMICO 2025 – 2026.
Hora: 20,00h
Lugar: Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida – Auditorio da Universidade)
Encontro aberto a todas as persoas interesadas na actividade teatral, desde a formación ata a produción escénica. Presentaremos o programa a desenvolver durante este curso académico e poderás preguntar e resolver calquera dúbida que teñas ao respecto do traballo a realizar: probas de acceso, matrículas, contidos, profesorado, etc.
Luns 22, martes 23 e mércores 24 de setembro
PROBAS DE ACCESO
Hora: desde as 18,00h
Lugar: Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida – Auditorio da Universidade)
Durante estes tres días podes acudir a esta convocatoria onde o que facemos é realizar unha serie de exercicios e entrevistas para coñecer o perfil das persoas que se presentan e o seu interese específico (iniciarse na arte dramática, avanzar en coñecementos, etc.) e así poder suxerirlles os espazos onde mellor poden estar: compañía de teatro, escola de teatro e/ou cursos de iniciación ao teatro.
Non precisas ter experiencia previa.
Luns 29 de setembro
Inicio da matrícula na Escola de Teatro e nos Cursos de Iniciación ao Teatro.
Unha vez confirmada a admisión nos diferentes espazos poderás formalizar a túa matrícula desde o 29 de setembro ata o 5 de outubro no enderezo electrónico area.cultura@usc.gal
Luns 6 de outubro
Inicio da actividade teatral nos diferentes espazos: Compañía de Teatro, Escola de Teatro e Cursos de Iniciación ao Teatro
