Estrea de AGAMENÓN, VOLVÍN DO SUPERMERCADO E DEILLE UNHA MALLEIRA AO MEU FILLO, de Rodrigo García

Este xoves día 12 de decembro, a nosa compañía de teatro estrea a súa última peza, Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo, de Rodrigo García.

A función terá lugar ás 21,00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A entrada é de balde e a billeteira abre desde as 19,00h (máx. 2 entradas por persoa).