FUNCIONAMENTO

A compañía de teatro da USC vén traballando desde o ano 1990. Como o resto da actividade da Aula de Teatro o seu traballo ten unha vertente principalmente pedagóxica.

Para acceder á compañía é preciso, como acontece coa escola de teatro, presentarse a unhas probas que se convocan na primeira quincena do mes de setembro. Nestas probas non só se avalían capacidades escénicas senón tamén o interese e obxectivos da persoa que se presenta, polo que nas probas, ademáis de levar adiante unha serie de exercicios é importante a entrevista que se realiza.

A compañía divide o seu traballo en dous períodos: montaxe (outubro/decembro) e xira (febreiro/abril).

Os ensaios teñen lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.

CURSO ACADÉMICO 2025 – 2026. As probas de acceso terán lugar os días 22, 23 e 24 de setembro na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida) a partir das 18,00 horas.

Non é preciso ter experiencia escénica previa.

O traballo (interpretación e dirección) na compañía ten o recoñecemento de 6 créditos ECTS

O pase de diapositivas require JavaScript.

Fotografías de RULOS, Patricia Coucheiro, Miguel Gendre e SG.