Estrea o día 11 de decembro de 2019 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
“En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic”
REPARTO
(por orde de intervención)
Irene Penela Viqueira
Marta Casais Vidal
Inma Fernández Rodríguez
Antía González Cortegoso
Deseño de programa e cartelería Gerardo Fuentes
Textos e posta en escena Roberto Salgueiro
Agradecementos
Roi Méndez, Pablo Ferradás, alumnos de Dirección 1 da escola de teatro da USC , Faísca Teatro
A duración da peza é de 45 minutos
“En inverno non vai tempo para ir á praia. O mar cómese a bocados a area e deixa á vista unha pedreira pola que é imposible andar. O ceo anubrado esboróase sobre as olas que che cospen á cara. O vento arremuíñache o cabelo e sentes como a salitre se che pega aos labios… ás pálpebras…. ás meixelas… En inverno, os chiringuitos da praia están pechados. Danlle un aspecto desolador á paisaxe. Semellan os restos dun cadáver: os despoxos da felicidade despois do verán.”







